Porcentaxe de emprego das empresas familiares sobre o total de empresas (Fonte: Instituto de Empresa Familiar 2016)
23 Mar 86% do emprego empresarial galego, en empresas familiares
16.03.2016
O 86,3% do emprego empresarial galego corresponde a empresas familiares con sede, domicilio fiscal e servizos centrais en Galicia, segundo os datos do informe presentado este mes pola Asociación Galega da Empresa Familiar.
O catedrático de economía aplicada da Universidade de Vigo, Santiago Lago, subliñou que “o esencial deste efecto sede é que permite manter e multiplicar en Galicia o emprego de maior calidade, o que está ligado aos servizos centrais e as tomas de decisión das empresas”. Santiago Lago é coordinador das cátedras da Empresa Familiar das tres universidades galegas.