08 Out “A empresa familiar conta con vantaxes para pasar de xeito áxil á dixitalización”
7 de outubro de 2020. A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) abordou o reto da implementación do teletraballo nas empresas tras a irrupción da Covid-19 no último Martes de Consellos con Carina Szpilka, General Partner de K Fund e Presidenta de Adigital. “A empresa familiar conta con vantaxes para pasar axilmente á dixitalización ao ter un núcleo de decisións máis centralizado. É necesario saber aproveitar esa gobernanza para a transformación dixital”, explica a executiva.
A implementación do teletraballo, sen apenas tempo de preparación, supuxo un verdadeiro reto, tanto a nivel empresarial como individual. Szpilka destacou a capacitación dixital como un dos maiores retos aos que se enfrontan os empresarios na actualidade e sinalou o cambio existente na percepción das empresas, así como a súa relación co entorno, o medioambiente, a gobernanza e o resto da sociedade.
A poñente desatacou a comunicación e a voz dos consumidores como áreas de estudo fundamentais no futuro. “Tras a crise do coronavirus, produciuse un cambio de hábitos nos consumidores que van permanecer no tempo. É fundamental pensar que a digxitalización, ademais de ser cuestión de máquinas, é un cambio de cultura no proceso de cambio e o liderado que xoga un papel decisivo en calquera empresa”, sinalou Szpilka.
Durante o encuentro a presidenta de Adigital convidou ás empresas familiares a aproveitar a solvencia da súa cultura empresarial para non ter medo e aproveitar o contexto de crise para innovar e sair adiante.
Conectar, compartir e coidar ao cliente son as tres claves de todo proceso de dixitalización para a especialista. Spzilka desbotou que exista un modelo perfecto de teletraballo e recomenda que cada empresa marque cara onde quere marcar o seu rumbo. O sector dixital é o segundo en contribución ao PIB en España, cun 19%.
Carina Szpilka conta con máis de dúas décadas de experiencia no sector financeiro, onde ten ocupado cargos como CEO de ING Direct en Francia e máis adiante en España. Actualmente, adícase a impulsar a economía dixital en España a través de K Fund, unha firma de venture capital adicada a invertir en proxectos de start-ups en fases iniciais, e tamén a través de Adigital, asociación que traballa para posicionar a España como líder digital a nivel mundial e da que é presidenta. Szpilka é c0nselleira independente de ABANCA, Grifols e Meliá.