A Empresa Familiar de Galicia, presente no XXV Congreso do IEF en Cáceres

05.10.2022. O presidente executivo de Corporación Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, foi un dos protagonistas dunha das mesas redondas celebradas hoxe en Cáceres sobre as claves do bo funcionamento dunha empresa familiar e do seu goberno. A compañía galega que produce, entre otras marcas, a cervexa Estrella Galicia, foi posta como exemplo de sucesión familiar e desempeño de goberno corporativo como solución aos desafíos das empresas familiares españolas.

 

Os retos de continuidade no tempo das empresas familiares foi un dos asuntos abordados en profundidade no XXV Congreso Nacional da Empresa Familiar que se clausurou hoxe en Cáceres, con a asistencia de máis de 500 empresarios e directivos de toda España.

 

A conversa estivo moderada polo director de Economía e Empresa do Instituto de Empresa Familiar (IEF) de España, Esteban Sastre. Ademais de Ignacio Rivera, presidente executivo de Hijos de Rivera e membro da xunta directiva da Asociación Galega da Empresa Familiar, participaron os empresarios Javier Ormazábal (presidente de Velatia), Anfrés Lantero (presidente de Lantero) e Mauricio González-Gordon (presidente de González Byass).