A empresa familiar galega visita o polo económico do norte de Portugal

11.05.2023. Unha representación da Asociación Galega da Empresa Familiar encabezada pola súa directora, Margarita Hermo, visitou o 20 de abril a compañía Têxtil Manuel Gonçalves, en Vila Nova de Famalicão, e o Polo de Innovación de Inxeniería de Polímeros, en Guimarães, dous dos referentes económicos do norte de Portugal.

A compañía Têxtil Manuel Gonçalves é unha empresa familiar lusa, fundada en 1937, e aínda que nos seus inicios adicouse exclusivamente ó téxtil, actualmente é unha división do Grupo TMG, que está presente noutros sectores coma o automovilístico, vitivinícola, enerxético ou servicios financieiros.

Isabel Furtado, CEO de TMG Automotive, recibiu ó grupo da Asociación Galega da Empresa Familiar no seu recorrido polas instalacións e foi a encargada de explicarlles a evolución da empresa portuguesa e os seus retos actuais.

Na mesma xornada, o grupo tivo  ocasión de coñecer o Polo de Innovación de Inxeniería de Polímeros (PIEP) en Guimarães. O PIEP é un centro especializado na inxeniería de polímeros que conecta os entornos científico, académico e industrial co fin de mellorar o rendemento e a sustentabilidade dos productos. Foi fundado no ano 2000 por iniciativa da industria, en colaboración co Departamento de Inxeniería de Polímeros da Universidade de Minho (DEP-UM) e o Instituto de Apoio á Pequena e Mediana Empresa e a Innovación (IAPMEI) de Portugal.

 

Na primeira imaxe, o grupo da Asociación Galega da Empresa Familiar posa con Isabel Furtado, CEO de TMG Automotive, nas instalacións da compañía Têxtil Manuel Gonçalves.

Na segunda foto, o grupo da Asociación Galega da Empresa Familiar durante a visita ó PIEP.