31 Out A empresa familiar, no Foro Retorna Emprego para atraer talento galego
30.10.2023. Margarita Hermo, directora xeral da Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef), participou hoxe nun encontro que ten por obxectivo atraer a Galicia a miles de profesionais galegos que actualmente residen noutros países. O Foro Retorna Emprego conta co apoio da Xunta de Galicia e estivo organizado pola Fundación Nortempo. O programa tenta establecer as bases e incentivar a profesionais e empresarios para reincorporar a galegos residentes no exterior ao mercado laboral galego.
Margarita Hermo indicou que na actualidade existen 230.000 galegos menores de 45 anos residindo en diferentes países do mundo e “para as empresas galegas é un desafío ser capaces de atraer a profesionais cualificados que nos permitan crecer”.
Os asistentes, entre os que se atopaban varias empresas da Asociación Galega de Empresa Familiar, coñeceron a fondo o programa Retorna e as súas condicións de contratación. A iniciativa conta cunha bolsa de máis de 800 persoas candidatas de orixe galega na emigración con opción de poder regresar e incorporarse ao mercado laboral.
O encontro tamén contou coa presenza de Barlomé Pidal, presidente do Grupo Nortempo e a súa Fundación, así como con Zeltia Lado, directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Xunta de Galicia.
Na imaxe, a directora de Agef durante a suavizante participación no encontró celebrado en Santiago de Compostela