A empresa familiar prioriza captar investimento para Galicia

16.06.2022. A Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) plantexou hoxe ao novo presidente da Xunta e ao resto das administracións públicas unha aposta por seducir e captar investimento para Galicia. Agef prioriza o desenvolvemento de iniciativas galegas propias que respalden a rexeneración e retención do tecido empresarial galego con fondos públicos, especialmente logo da crise da Covid-19 e da actual crise de inflación.

“As empresas familiares, case sen apoio, conseguimos manter o 93% dos nosos empregos durante a crise e, no que vai de ano, creáronse 1.064 novas empresas. Pero necesitamos que se axilicen e se concreten os apoios dos Next Generation”, sinalou o presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira, logo da vixésimo segunda asemblea de socios.

Un estudo presentado por Agef na Cátedra da Empresa Familiar de A Coruña revela que Galicia só capta un 0,8% do investimento estranxeiro directo en empresas que entra en España, cifra que a xuízo da asociación debería cando menos quintuplicarse. A empresa familiar pide ás administracións un plan de cooperación que permita seducir ao investimento público e privado con simplificación da burocracia e facilidades. Agef considera que no deseño do plan deben participar todos os actores.

Entre o ano 2000 e 2021 Galicia só captou 5.000 millóns de euros en investimento internacional para crear ou ampliar empresas en Galicia. No mesmo periodo (2000-21) as empresas galegas investiron 24.000 millóns de euros na súa expansión internacional. “Non é un problema de apertura da economía galega. Temos que ser capaces de poñer a Galicia no mercado do investimento internacional e seducir aos inversores con facilidades, axilidade e menos burocracia. Agef ofrece a súa cooperación para afrontar ese proxecto que nos permita crear novas empresas, xenerar emprego e riqueza e completar o tecido productivo galego”, explicou Víctor Nogueira, presidente de Agef.

As empresas familiares consideran que Galicia ten capacidade para pasar de captar 240 millóns de euros ao ano a unha media de 1.150 millóns de euros ao ano de investimento privado internacional na creación de novas empresas en Galicia.

A asemblea anual da asociación contou coa intervención de José Manuel García-Margallo, ex ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación. O encontro foi clausurado polo novo presidente de Galicia, Alfonso Rueda.

A Asociación Galega da Empresa Familiar está integrada por 60 das máis importantes compañías familiares con sede en Galicia. As empresas familiares representan o 92,4% do tecido empresarial galego e aportan o 85% do valor engadido bruto (VAB) empresarial e o 86,3% do emprego privado.