No centro, Manuel Pavón, responsable de empresas familiares de Garrigues.

“A estratexia da empresa ten que cadrar coa da familia” Manuel Pavón, experto en empresas familiares de Garrigues

16.09.2015

“A estratexia dunha empresa familiar debe coincidir coa estratexia da familia” explicou Manuel Pavón, socio responsable en empresa familiar da consultora Garrigues. Para facer cadrar as estratexias familiares coas da empresa da mesma familia, Pavón recomenda constituír un consello de familia, integrado por tódolos accionistas presentes e futuros; un consello de administración, sen externos; e mais un consello asesor integrado por conselleiros independentes externos.

O experto de Garrigues subliña que facer cadrar a estratexia da familia e da empresa consiste, basicamente, “en que concorden as estratexias de valores familiares e a estratexia do diñeiro”.