25 Mai Agef elixe novo presidente
25.05.2023. A XXIII asemblea xeral de socios da Asociación Galega da Empresa Familiar, que se celebra o vindeiro 30 de maio no Hostal do Reis Católicos de Santiago de Compostela, elixe novo presidente que relevará no cargo a Víctor Nogueira, quen leva ao frente da Agef seis anos. O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde López, clausurará o acto xunto ao recen elixido presidente da Agef.
A reunión dos socios da entidade que está integrada polas 60 principais empresas familiares galegas servirá para facer balanzo das actividades emprendidas pola asociación no último ano.
O programa do día inclúe a conferencia O estado da xeoeconomía e a xeopolítica mundial que será impartida por Miguel Otero Iglesias, investigador principal de Economía Política Internacional do Instituto Elcano.
As 60 empresas socias de Agef, todas elas de propiedade familiar galega, empregan a 55.000 traballadores e facturan máis de 15.000 millóns de euros.
Na imaxe, Víctor Nogueira na asamblea xeral de 2022. Punto GA /Miguel Riopa.