12 Mar Agef participa no Encontro Nacional do Fórum Familiar en Benidorm
9 de marzo de 2020. A Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) asistiu esta fin de semana ao XVII Encontro Nacional do Fórum Familiar, que tivo lugar en Benidorm (Alicante) co lema Un paso adiante e a presenza de máis de 300 xóvenes de familias empresarias de toda España, baixo a organización do Instituto da Empresa Familiar (IEF) e a Asociación da Empresa Familiar de Alicante (Aefa) coa colaboración de Deloitte e Banco Santander.
Cuestións como o compromiso, a transformación, os retos e o legado en torno á empresa familiar centraron o debate do encontro na súa decimoséptima edición, na que se impulsou o compromiso das novas xeracións empresarias para participar activamente na construción do modelo económico do século XXI.
O presidente do IEF, Juan Corona, lembrou que no primeiro encontro do fórum, que tivo lugar en Barcelona hai case dúas décadas, “eramos 50; hoxe somos máis de 300”. “Cando as cousas se fan ben, os principios e sentimentos vanse transmitindo”, sinalou o presidente.
O encontro, que o próximo ano terá lugar en Santiago de Compostela baixo a organización de Agef e o IEF, incluíu a intervención da conselleira delegada de Microsoft España, Pilar López, cunha poñencia sobre tecnoloxía e talento; varias mesas redondas centradas moi especialmente no cambio e a adaptación das compañías familiares aos novos tempos–start ups, reinvención, impacto social, traballo en equipo, legado e novas xeracións; e unha visita á factoría de Chocolates Valor, no municipio de Vila Joiosa, unha compañía de propiedade familiar con 139 anos de historia.