Alianza con Mapfre para formar profesionais de Agef

4.05.2022. A Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) ven de asinar un convenio de colaboración con Mapfre España, compañía de seguros e reaseguros, para o desenvolvemento de actividades de formación e crecemento profesional para os membros da asociación.

O acordo permitirá aos profesionais das case 60 empresas familiares galegas asociadas acceder a talleres e cursos formativos e intercambiar coñecementos para mellorar a cualificación en diferentes materias.

A sinatura do convenio realizouse nas oficinas da Asociación Galega da Empresa Familiar en Santiago de Compostela, logo dunha reunión entre Margarita Hermo, directora de Agef, e David Rey Durán e Miguén Ángel Talabante, directores territoriais de Mapfre en Galicia.

A alianza entre Agef e Mapfre encádrase no marco de acordos que a Asociación Galega da Empresa Familiar ten con diferentes empresas, asociacións e colectivos co obxectivo de facilitar servizos e capital relacional ás empresas e entidades asociadas.