27 Mai Altia inspira aos máis novos a mergullarse na tecnoloxía
27 de maio 2024. Altia, compañía tecnolóxica presidida por Constantino Fernández, forma parte do programa Empresa familiar nas aulas xunto con outras 17 empresas familiares galegas. A iniciativa, organizada por Afundación Obra Social ABANCA e a Asociación Galega da Empresa Familiar, atópase na fase final da súa cuarta edición. “Desde a compañía, esperamos inspirar aos estudantes e espertado a súa curiosidade polo fascinante mundo da tecnoloxía”, expresou Josefina Fernández, directora de Operacións e responsable da Coordinación de Sustentabilidade.
Os estudantes de FP do CIFP Politécnico de Santiago tiveron a oportunidade de mergullarse no mundo tecnolóxico da man dos profesionais da compañía. Durante a charla, a directiva Josefina Fernández estivo acompañada por Raquel Costas, responsable de negocio, quen compartiu cos estudantes a historia da empresa e o seu arraigado compromiso co territorio e as persoas, valores que mantiveron ao longo da súa traxectoria.
Na visita ás oficinas da empresa en Milladoiro (Santiago de Compostela), os mozos foron acompañados por Antonio García, experto en seguridade e sistemas, e Benito Carballo, responsable de Aplicacións Corporativas. Os estudantes mostraron en todo momento interese por comprender os desafíos e as solucións no ámbito da ciberseguridade.
Altia ha experimento un notable crecemento desde a súa creación no ano 1994. Na actualidade, ten presenza en máis de 25 localizacións en 9 países e emprega a máis de 3.500 profesionais. A compañía pechou o 2023 cun récord de beneficios, aumentando case un 51% e alcanzando os 15,4 millóns de euros.
Imaxe: Antonio García, experto en seguridade e sistemas, nun momento da visita cos alumnos do CIFP Politécnico de Santiago FOTO: Cedida