08 Abr Alumnos do colexio Peleteiro visitan as instalacións de Congalsa
5.04.2022. 50 estudantes de 4º de ESO do colexio CPR Manuel Peleteiro pertencentes á rama de economía, visitaron as instalacións de Congalsa dentro do programa de Empresa Familiar nas aulas, unha iniciativa organizada pola Asociación Galega da Empresa Familiar e Afundación, a Obra Social ABANCA. “A política da empresa é a reinversión de beneficios, así conseguimos crecer”, explicou Juan Carlos Rama, director de recursos humanos.
Os alumnos e alumnas do colexio aprenderon a historia da empresa en mans de Isabel Cañas, directora de relacións externas e Juan Carlos Rama, director de recursos humanos, ademais de coñecer a Julio Simarro, director comercial e márketing, o cal xa asistira ao colexio nun faladoiro no marco do programa para fomentar o emprendemento e destacar o valor das empresas familiares galegas.
O director de recursos humanos, Juan Carlos Rama, explicou que Congalsa desde o inicio da súa historia, a principios dos 90, comezou a súa actividade especializándose na elaboración de produtos precociñados a base de peixe. Desde o comezo da súa actividade tratou de ser ante todo bo fabricante, e para iso mantivo desde o primeiro ano políticas de reinversión de beneficios constantes. Dotándose de boas infraestruturas e maquinaria avanzada, xunto co know-how achegado por un equipo de profesionais moi capacitados, que permite hoxe en día, ser un referente entre as compañías españolas do seu sector.
Os mozos puideron realizarlles a ambos directores preguntas sobre a empresa. Centráronse en cuestións de actualidade como a Covid-19, o impacto que está tendo o conflito de Ucraína e ao parón do transporte nas empresas galegas. Rama subliñou que “durante a pandemia tiveron moito traballo e aumentaron quendas, ademais de beneficios. Foi un sector con moita demanda, co coronavirus as persoas empezaron a comprar alimentos non perecedoiros”. Isabel Cañas explicoulles que “o parón superpuse grazas a un comité de crise, sopesaban obstáculo a obstáculo. Foi difícil, pero entre todos van decidindo”.
Así mesmo, na visita ás instalacións puideron ver varias liñas de produción en pleno funcionamento e tamén as oficinas, para finalizar cunha pequena cata dos seus produtos. Unha perspectiva máis próxima da realidade empresarial para os alumnos e alumnas composteláns.