08 Xan Arranca a 4ª edición do programa `Empresa Familiar nas aulas´
08.01.2024. A Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) en colaboración con Afundación Obra Social Abanca, arranca a cuarta edición de Empresa Familiar nas aulas, un programa deseñado para fomentar o espírito empredendor desde a escola. Más de 750 estudantes de educación secundaria (ESO), bacharelato e formación profesional (FP) de 18 centros educativos de todo Galicia participan nesta nova edición.
O obxectivo deste programa é inspirar a vocación empresarial dos estudantes e dar a coñecer as empresas máis interesantes da contorna. A iniciativa inclúe charlas en cada colexio e visitas ás empresas colaboradoras. Desde o seu inicio en 2021, un total de 1.863 alumnos de primaria e secundaria de 23 centros educativos galegos participaron nesta experiencia. Cada ano, aumenta o número empresarios familiares galegos que se comprometen con este proxecto.
Empresas familiares galegas
No programa deste curso, directivos das 18 empresas familiares máis destacadas de Galicia como Cafés Candeas (Lugo), Grupo Aresa (Lugo), Grupo Pérez Rumbao (Ourense), Congalsa (A Pobra do Caramiñal), Grupo Pereira (Vigo), Severiano Servizo Móbil (As Pontes), Aluminios Cortizo (Padrón), Espiña e Delfín (Santiago), Babé e Cia (Vigo), Terras Gauda (O Rosal), Lodiel (Moaña-Cangas), Nortempo (A Coruña), Grupo Nogar (Marín), e Grupo Revi (Ourense), Jealsa (Boiro), Altia (A Coruña), Galuresa (Santiago de Compostela), serán os encargados de trasladar a importancia das empresas familiares no tecido empresarial de Galicia. As Asociación Galega da Empresa Familiar está integrada por 60 das principais empresas de propiedade familiar de Galicia, que facturan 13.000 millóns de euros e empregan a 58.000 profesionais.
Imaxe: Visita de escolares a unha das empresas familiares na III Edición de `Empresa Familiar nas aulas´. FOTO: Punto GA | M.Riopa