As empresas familiares dan a coñecer os seus modelos de negocio para facer futuro común

02.11.2022. Directivos de 25 empresas familiares galegas visitaron esta semana as instalacións de Megasa (Metalúrgica Galaica SA) en Narón. O obxectivo destas visitas, organizadas pola Asociación Galega da Empresa Familiar, é dar a coñecer os modelos de negocio para facer futuro en común e impulsar a competitividade.

 

A iniciativa nace do compromiso da Asociación por xerar capital relacional entre as empresas asociadas e por en valor as particularidades das diferentes compañías. Dende o comezo da iniciativa téñense visitado máis de 50 empresas.

As visitas a empresas inclúen unha participación importante dos directivos máis novos do colectivo, de xeito que poidan coñecer en directo o modelo de negocio da empresa visitada. A relación entre empresas é un dos principais valores da Asociación, o que permite xerar sinerxias, comparar procesos de aprovisionamento, produción ou comercialización.

O grupo Megasa conta con máis de 1.000 empregados, repartidos entre as súas distintas plantas de producción e unidades de distribución na Península Ibérica. Cunha capacidade instalada de máis de tres millóns de toneladas, Megasa produce a través de forno de arco eléctrico unha amplia gama de aceiros longos.