11 Xuñ As empresas familiares preservan o 93% do emprego na Covid-19
11 de xuño de 2021. As empresas familiares de toda España lograron manter o 93% dos postos de traballo durante a crise do coronavirus. A pesar de que o 62% experimentou unha mingua nos seus ingresos como consecuencia da pandemia, as compañías de propiedade familiar, tamén en Galicia, volveron apostar por conservar o emprego, como xa fixeron a raíz da crise de 2008, sugundo un estudo elaborado por KPMG.
Os datos destacan a “resiliencia, axilidade e capacidade de adaptación” das empresas familiares: catro de cada dez lograron manter ou incrementar as súas vendas, e máis da metade introduciron o teletraballo.
En Galicia, as empresas familiares, que representan o 94% do tecido empresarial e o 86% do emprego privado, realizan unha forte aposta polo mantemento dos postos de traballo e a creación de riqueza, aportando o 85% do Valor Engadido Bruto (VAB) empresarial.
Tras a crise de 2008-2014, os postos de traballo nas compañías galegas de propiedade familiar medraron un punto por riba do crecemento estatal (un 2,3% anual, fronte ao 1,4% das non familiares).