02 Xuñ As empresas familiares son as principais empregadoras en Galicia Destacados directivos galegos reúnense na asemblea anual
2/06/2014
A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) celebrou esta mañán, en Santiago de Compostela, a súa XIV Asemblea Xeral de Socios coa colaboración de Banco Sabadell Gallego e a presenza da Conselleira de Facenda, Elena Muñoz. Durante a Asamblea fíxose balance das principais actuacións da Asociación durante o pasado ano e analizáronse os seus principais retos futuros.
Durante unha xornada formativa que acompañaba ao acto interveu Miguel Sebastián, economista e ex-ministro de Industria do Goberno de España, que falou das perspectivas económicas de España e Europa tanto para este ano 2014 como para 2015. Tamén interviu Pablo Junceda, director xeral de Sabadell Gallego, que incidiu na importancia de mirar cara adiante e transmitiulle o compromiso do Banco Sabadell Gallego co negocio das familias empresarias galegas, das que afirmou que son “o principal empregador en Galicia”.
Por su parte, o novo presidente do Instituto da Empresa Familiar, Javier Moll, destacou a importancia das asociacións territoriais avogando por reforzar a coordinación do Instituto e a rede de territoriais para conseguir unha voz común da empresa familiar en toda España.