As empresas que viven aquí choran o pasamento de Magín Froiz

10.03.2022“Todo o noso proxecto baseáse en cinco cousas: traballo, austeridade, seriedade, aforro e respecto á Lei” lembrou Magín Froiz ao recibir o Premio Familia Empresaria de Galicia en novembro de 2015. Hoxe finou e Asociación Galega da Empresa Familiar quere homenaxear a un dos empresarios que son exemplo deses mesmos cinco principios que Magín Alfredo Froiz Planas nos legou para sempre.

Supermercados Froiz, a empresa que fundou xunto coa súa dona hai 54 anos en Pontevedra, é hoxe unha das principais empresas galegas con 5.000 profesionais, 600 millóns de euros en vendas e unha cadea de distribución con máis de 250 establecementos en Galicia, Portugal, Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha.

“Comezamos en 1968. Eu tiña 24 anos e menos de cero pesetas. Tiven que pedir cartos prestados para arrancar”, relatou Magín Froiz ao recibir con orgullo e timidez aquel premio. Froiz, unha das grandes enseñas do tecido empresarial galego, foi pioneira na internacionalización a Portugal e nun modelo de expansión de supermercados de cercanía que chegou a todos os pobos, vilas e cidades de Galicia.

O fundador e líder da compañía deixa os alicerces para asegurar a continuadade e a sucesión ordenada do grupo, que ten sede social e operativa en Poio (Pontevedra).

A Asociación Galega da Empresa Familiar envía a súa condolencia e agradecemento ao empresario, á familia empresaria, nomeadamente á súa muller, Josefa Prieto, e aos seus fillos, José María, Antonio e Braulia,  e tamén a enorme familia de traballadoras, traballadores, proveedores e clientes.