As empresas que viven aquí

El equipo directivo de la Asociación Galega de la Empresa Familiar

Equipo directivo da Asociación Galega da Empresa Familiar nun encontro co economista Xabier Vence.

A Asociación Gallega da Empresa Familiar (AGEF) integra a 58 compañías con sede operativa e domicilio social en Galicia, pertencentes a familias propietarias con vocación de permanencia e xeración de emprego no seu territorio. As empresas asociadas manteñen na actualidade 55.000 empregos directos en Galicia e facturan 11.000 millóns de euros. O principal obxectivo da asociación é o de apoiar este tipo de compañías e divulgar o papel que as empresas familiares teñen como xeradoras de riqueza e emprego.

O 94% considera esencial dispor de empresas familiares en Galicia

O 94% dos líderes sociais de Galicia considera que a existencia de empresas familiares galegas (con sede, domicilio social, capital e centro de decisión en Galicia) é fundamental para o desenvolvemento económico da Comunidade. Só un 6% considera “indiferente” a propiedade e a orixe da compañía, xa que pensa que o principal valor é o emprego xerado independentemente da sede social da compañía. Ademais, o 53% califícao de formato empresarial “ideal” para o desenvolvemento económico e social da Comunidade.

72 das 100 maiores empresas galegas son familiares

Un total de 72 das 100 principais compañías por facturación que presentan as súas contas en Galicia son empresas familiares, segundo a clasificación recollida polo último directorio Ardán que elabora o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Entre as 72 maiores firmas familiares atópanse sociedades de 1ª, 2ª, 3ª e ata 4ª xeración. Entre as 28 firmas que non son de carácter familiar inclúense multinacionais con filiais en Galicia, sociedades pertencentes a grupos bancarios e eléctricas e outras 9 empresas de orixe familiar que foron adquiridas por outros propietarios.

O 93% das empresas da Asociación teñen presenza internacional

O 93% das firmas pertencentes á Asociación Galega de la Empresa Familiar están internacionalizadas, na maioría dos casos con implantacións propia noutros países. O dato global de internacionalización das empresas familiares españolas é do 66%, segundo os datos do IV Barómetro daEmpresa Familiar elaborado polo Instituto de Empresa Familiar en setembro de 2015. O estudio realizado por KPMG indica que nos últimos doce meses o 69% das empresas familiares españolas incrementou a súa actividade no estranxeiro.