29 Xan As firmas con sede en Galicia medran en emprego o dobre que o resto As empresas familiares galegas invisten 44 M€ ao ano en mecenado
Vigo, 29 de xaneiro de 2019. As empresas con sede en Galicia están a xerar máis do dobre de novos postos de traballo dende o inicio da recuperación económica que o resto das compañías que operan en Galicia (incluíndo o sector público). Un estudo elaborado pola Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) en colaboración con Ardán e a Rede de Cátedras de Empresa Familiar das universidades galegas indica que, dende 2015, as empresas que teñen sede en Galicia aumentaron as súas plantillas nun 12%. AGEF estima que, entre 2015 e 2018 o crecemento de emprego das empresas con sede en Galicia situouse no 2,3% anual, fronte ao crecemento medio do 1,4% no emprego do resto das empresas que operan en Galicia.
O presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira, considera que “o efecto sede é fundamental para unha economía na que, ademais, o noso esforzo por medrar ten que centrarse na internacionalización, dabido ao escaso tamaño do mercado galego”. O 93% das empresas asociadas a AGEF ten presenza internacional.
O mesmo ocorre coa xeneración de riqueza ou valor engadido bruto (VEB): as empresas con sede en Galicia aumentaron o seu VEB nun 272% entre 1996 e 2016 (último dato dispoñible) e as empresas asociadas a AGEF (as máis grandes das empresas familiares) fixérono nun 377%, en ambos casos moi por riba do crecemento económico do total da economía galega.
“As empresas familiares tamén destrúen moito menos emprego en ciclos de recesión. No 2009, o peor ano da crise, constatamos que mentres as empresas non familiares perdían un 4,3% dos seus empregos, as familiares resistiron cunha pérdida do 1,1%”, sinalou Santiago Lago, cordinador das cátedras da Empresa Familiar nas tres universidades galegas.
44,5 M€ anuais en inversión social
AGEF presentou hoxe en Vigo o resultado dun estudo sobre mecenado e patrocinio das súas 58 empresas asociadas. O estudo indica que as empresas familiares galegas invisten 44,5 millóns de euros anuais en mecenado e patrocinios en apoio duns 4.800 proxectos, asociacións e ONG do seu entorno máis directo.
O 58% das empresas familiares considera que o efecto sede e a proximidade dos propietarios ao seu entorno é o factor que máis inflúe na redistribución de beneficios en forma de investimento social en Galicia.
As tres cuartas partes das empresas familiares considera que o mecenado reflicte unha mostra de compromiso co entorno.
Estudo: A dobre inversión social das empresas familiares galegas