As seguintes xeracións empresarias de Galicia e Portugal prepáranse na Coruña A II edición do Fórum Galaico-Portugués reuniu a perto de cen profesionais novos de empresas familiares da península

15.02.2019. A segunda edición do Fórum Galaico-Portugués, organizado pola Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e a Associação das Empresas Familiares de Portugal co apoio de Abanca, reuniu na Coruña a perto de cen profesionais novos de empresas familiares da península nun encontro para o fomento da formación e a progresión das compañías de propiedade familiar no futuro.

Os asistentes puideron visitar as sedes de Inditex e Hijos de Rivera, dúas das empresas familiares galegas de internacionalización máis destacada, e puideron escoitar de primeira man ao conselleiro delegado da cervexeira e membro da xunta directiva de AGEF, Ignacio Rivera, na Cervexería Estrella Galicia da cidade herculina.

O encontro incluiu unha xornada formativa coa cordinadora interinstitucional do IESIDE, Carlota Sánchez-Puga, o director de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo, Marta Expósito e Manuel Paz, da consultora de innovación ALL, e o chef de referencia estatal Iván Domínguez.