19 Mai As empresas familares renovan a presidencia na súa asemblea anual XVII Asemblea
19.05.2017
A Asociación Galega da Empresa Familiar, presidida na actualidade polo empresario Emilio Pérez Nieto, renova o máximo órgano de dirección na súa XVII Asemblea anual de socios que se celebra o 22 de maio no Hostal dos Reis Católicos en Santiago.
A reunión dos socios da entidade que representa ás empresas familiares de Galicia servirá para facer o balanzo das actividades e accións emprendidas pola asociación durante o ano 2016.
Abrirá a xornada de Ignacio Osborne, presidente do Instituto da Empresa Familiar, e a xornada de traballo contará tamén coa participación de Carlos Espinosa de los Monteros, Alto Comisionado para a Marca España e ex-vicepresidente de Inditex, que analizará a situación actual de España no mundo. Está prevista a clausura da asemblea polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
A asociación reúne aos representantes das 55 principais empresas familiares galegas, que facturan 9.300 millóns de euros e representan o 83% do emprego empresarial en Galicia.