Roberto Tojeiro, fundador da empresa familiar.

Coa Familia Tojeiro o sector alimentario adaptado aos cambios sociais II Premio Familia Empresaria de Galicia

14.11.2007

Os pais de Roberto Tojeiro, fundador do grupo, rexentaban unha pequena tenda de ultramarinos e casa de comidas. Esa foi a orixe do Grupo Gadisa, que hoxe está especializado no sector da distribución pero que diversifica a súa actividade aos campos do transporte, a enerxía ou a industria forestal.

No ámbito alimentario, Gadisa está diversificada na actualidade en sete liñas de negocio que van desde supermercados baixo distintas marcas, apostas polo fast food e produtos selectos, ata unha división de venda online. Adaptación aos tempos que pasa polo mantemento da capacidade loxística necesaria para xestionar todo tipo de produtos frescos ou conxelados.

Tres xeracións dunha familia vinculada ao que pasou de ser unha pequena empresa a un poderoso grupo que ten en Reganosa, unha planta para o almacenamento e distribución de gas natural, unha das súas apostas máis innovadoras e estratéxicas para Galicia e norte de Portugal.