06 Nov Coloquio empresarial con Antonio Garrigues en Vigo
06.11.2023. Un grupo de directivas e directivos de empresas familiares galegas participaron hoxe en Vigo nun almorzo-coloquio con Antonio Garrigues Walker, un dos maiores expertos en investimento exterior e relacións internacionais. O encontro foi moderado polo presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef), José Bernardo Silveira, dentro das actividades que Agef desenvolve para formar e aportar chaves para a estratexia empresarial.
Antonio Garrigues abordou o complexo escenario marcado nos últimos dous anos polos conflitos bélicos Rusia-Ucraína e Israel-Palestina e todas as consecuencias xeradas pola inflación enerxética e a posición dos bancos centrais.
Presidente de Honra do Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados (Acnur), membro da Comisión Trilateral, presidente da Fundación Garrigues e activo conferenciante e escritor, Antonio Garrigues é o principal impulsor da expansión internacional e en España do despacho Garrigues, que el mesmo presidiu durante 53 anos ata o 2014.
Garrigues explicou que un dos segredos da sucesión e lonxevidade de Garrigues Abogados é a máxima importada da experiencia anglosaxona de que ningún fillo de socio traballe na empresa, “porque cada un sempre pensariamos que o noso é o mellor”.
Antonio Garrigues respondeu tanto as preguntas do presidente da Agef como as reflexións do resto dos empresarios galegos participantes e tamén expuxo a súa idea para que Galicia sexa quen de atraer máis investimento internacional para a creación de novas empresas.
Na fotografía, Antonio Garrigues (sétimo pola dereita) xunto ás empresarias e empresarios participantes no coloquio.