27 Mar Covid-19: as empresas familiares, ao servizo da sociedade
27 de marzo de 2020. As empresas familiares de Galicia manteñen a súa actividade durante a crise do coronavirus para velar polo coidado e a calidade de vida da poboación, abastecendo a cidadanía de servizos básicos como a alimentación, a auga ou o transporte, con toda as medidas de seguridade e prevención.
As compañías de propiedade familiar, o 93% de todo o tecido empresarial da comunidade, poñen ao servizo das autoridades e a sociedade todas as súas capacidades nun momento no que a contribución das compañías perfílase de grande utilidade. A asociación respalda as iniciativas que están a levar a cabo moitas empresas familiares de Galicia para contribuír a frear a curva de contaxios e abastecer a sociedade de produtos e servizos básicos durante o período de confinamento.
A Asociación Galega da Empresa Familiar expresa a súa solidariedade coas empresas galegas que están a atravesar momentos de dificultade diante da delicada situación da nosa economía e avoga por todas as iniciativas orientadas a conservar os postos de traballo e que contribúan a suavizar ao máximo a repercusión económica para as empresas.
Consulta aquí as Recomendacións para as empresas diante do Covid-19