19 Xuñ Dez autonomías, con menos impostos para herdar unha empresa que Galicia Estudo elaborado polo Instituto de Empresa Familiar (IEF)
19.06.2018
Un total de 10 autonomías dispoñen dunha mellor e máis baixa fiscalidade para herdar unha empresa que Galicia, o que facilita a continuidade e sostibilidade das compañías familiares. Un estudo elaborado polo Instituto de Empresa Familiar (IEF), indica que os empresarios galegos han de abonar en impostos 12 veces máis que os canarios ou 10 veces máis que as empresas domiciliadas en Madrid.
A competitividade fiscal para apoiar a continuidade das empresas familiares en Galicia está incluida no estudio O tamaño da empresa familiar en Galicia presentado na Coruña polo presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e a directora da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña (UDC), Berta Rivera.
No caso das donacións, as empresas familiares galegas ocupan a novena posición, con 8 autonomías nas que resulta menos gravosa a transición xeracional dunha empresa a través dunha donación, AGEF e o Instituto de Empresa Familiar.
“Galicia ten aínda moito percorrido para mellorar as condicións de supervivencia e sostibilidade das empresas familiares galegas, que representan o 92% do tecido e o 83% do emprego empresarial directo en Galicia”, sinalou Rivera.