28 Nov Dolores Martínez: “Cada vez máis empresas que son referentes teñen unha muller á fronte”
28de novembro de 2022. A situación da muller nas empresas familiares está en liña cos principios de bo goberno comunmente aceptados en termos de igualdade de xénero para as grandes corporacións en países da nosa contorna.
Entrando máis en detalle e tengo en conta as particularidades das empresas familiares, destacaría tres cuestiones relevantes que axudan a comprender a situación actual da muller nas empresas familiares:
En primeiro lugar, a presenza de mulleres na propiedade da empresa, nos órganos de goberno de familia, nos consellos de administración e no comité de dirección está normalizada e é común a todas as empresas familiares, como pon de manifesto os estudos sobre o rol da muller na empresa familiar realizados a instancia das asociacións rexionais de empresa familiar.
En segundo lugar, a presenza de mulleres é maior na propiedade da empresa e nos órganos de goberno de familia que nos consellos de administración e no comité de dirección da empresa, como conclúe o profesor do IE e director do TFAB, D. Manuel Bermejo.
En terceiro lugar, a presenza de mulleres na representación dos intereses colectivos en calquera dos ámbitos, sindical, patronal ou de asociacións sectoriais ou xerais, é aínda escasa. No último congreso anual de empresa familiar chamoume a atención a ausencia de mulleres no panel dedicado a experiencias de sucesión empresarial.
A evolución da situación nos últimos anos definiríaa pola presenza e a participación cada vez maior da muller nos órganos de goberno das empresas familiares, que hoxe é innegable.
Non só na empresa familiar, senón no mundo empresarial en xeral estamos a vivir un movemento imparable de incorporación da muller aos órganos de goberno das compañías. É unha tendencia, impulsada por aspectos regulatorios e de bo goberno, así como pola crecente presenza e relevancia da muller en postos de dirección.
É unha evolución que atravesou por tres etapas:
-Unha primeira etapa de escasa presenza.
-Unha segunda etapa de maior presencia con escasa ou nula participación nos asuntos de goberno.
– Unha terceira etapa de clara presenza e participación, que en moitos casos xa se están unindo no exercicio dun indiscutible liderado feminino.
No ámbito de Asociación Gallega de la Empresa Familiar, cada vez máis empresas que son referentes en sectores craves da economía galega teñen hoxe unha muller á fronte e están a contribuír a poñer en valor a empresa familiar, tamén desde a perspectiva da diversidade e bo goberno corporativo.
Dolores Martínez, presidenta de Galuresa e membro do Club de Conselleiras da Asociación Gallega de la Empresa Familiar.