Elena Rivo, da Cátedra de Empresa Familiar a conselleira de Promoción do Emprego

19.06.2023. A codirectora da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo, Elena Rivo, foi nomeada Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade tras a restructuración da Xunta de Galicia levada a cabo polo presidente Alfonso Rueda.

Rivo, quen remplaza na carteira de Emprego a María Jesús Lorenzana, ten un marcado carácter dialogante e negociador, e aporta un perfil moi completo xa que a súa traxectoria profesional no mundo universitario sempre estuvo moi vencellada ao sector empresarial.

Vicerrectora do campus da Universidade de Vigo en Ourense dende 2022, un dos sus principais obxetivos nos últimos anos foi acercar a universidade e o mundo académico ás empresas, especialmente a través da Cátedra de Empresa Familiar. Como investigadora participou en diversos traballos e proxectos relacionados coas  empresas familiares, a creación de valor e a innovación.

“Os alumnos asocian empresa familiar con empresa pequena. Explicámoslles que o carácter familiar depende de quen ten a propiedade e o control da xestión da empresa, con independencia do seu tamaño. Unha das principais funciones das cátedras é darlle a conocer as características diferenciadoras das empresas familiares e por en valor a figura do empresario ou empresaria familiar, a súa contribución ao emprego e á economía, e a súa responsabilidade social no seu ámbito máis próximo”, explicaba en relación á Cátedra de Empresa Familiar.

Elena Rivo é doutora en Administración e Dirección de Empresas (2002) e profesora asociada e investigadora no Departamento de Organización de Empresas e Márketing da Universidade de Vigo dende 1999. Entre 2013 y 2019 foi decana da Facultade de Ciencias Empresariales e Turismo de Ourense.

Cátedra de Empresa Familiar

A Cátedra de Empresa Familiar, presente nas tres universidades galegas, está impulsada pola Asociación Galega da Empresa Familiar co apoio de Inditex. A súa misión é promover a transferencia de coñecemento sobre as características propias e diferenciais das compañías familiares, establecendo sinerxías entre o mundo empresarial e o universitario, cunha rede propia de alumnos, empresarios, docentes e investigadores.

 

Na imaxe, Elena Rivo durante o III Foro de Conselleiros da Agef en 2019.