31 Dec Encontros con líderes nacionais e internacionais Resumo actividades 2014
O Forum Xoves cumpre o papel de sensibilizar ás xeracións máis novas das empresas familiares sobre o seu papel no relevo empresarial. Xornadas, coloquios ou conferencias son o instrumento de formación habitual. Os focos de interese son o liderado, as empresas familiares, management, coaching, e-commerce, eficiencia e comunicación.
En 2014 cabe destacar o curso de “Comunicación para el Éxito”, unha serie de obradoiros a cargo da recoñecida experta Maty Tchey, conferenciante de alto impacto. Tchey estivo en Lugo presentando a súa fórmula para a comunicación coñecida baixo o epígrafe “Arqueros de la palabra”.
Os invitados a diversos encontros ou almorzos foron destacados líderes de distintos ámbitos profesionais como: Ramón García (Blue:sens), María Seoane Romero (deputada autonómica), ou Juan Verde (asesor político e económico internacional).
Outro tipo de actividades están pensadas como espazo lúdico para a relación e o intercambio (networking). Entran nesta categoría as visitas realizadas a diversas empresas ou institucións como: Bodegas Calem, Ence ou o Parlamento de Galicia.