Capital relacional para mejorar la competitividad

31 de xullo de 2020. A Asociación Galega da Empresa Familiar ten realizado máis de 50 visitas guiadas e encontros a empresas familiares para coñecer as particularidades do negocio das súas 58 empresas asociadas. “Trárase de aprender de cada empresa para obter estratexias e coñecemento para a competitividade e tamén para incrementar o noso capital relacional”, explica Margarita Hermo, directora da asociación.

As visitas a empresas inclúen unha participación importante de xoves directivos do colectivo, de xeito que poidan coñecer en directo o modelo de negocio da empresa visitada. A relación entre empresas é un dos principais valores da asociación, o que permite xerar sinerxias, comparar procesos de aprovisionamento, produción ou comercialización.

As visitas a empresas forman parte do programa de actividades da Asociación Galega da Empresa Familiar, que tamén inclúen cursos de formación para as novas xeracións, encontros con líderes económicos e políticos ou participación en foros de debate e opinión como a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), o Foro Económico de Galicia ou o Círculo de Empresarios de Galicia.