22 Mar Estrella Galicia amosa a súa historia aos empresarios galegos
25 de febreiro de 2022. Estrella Galicia compartiu a súa historia como empresa familiar, xa en quinta xeración, cun grupo de 28 empresarios galegos nun encontro organizado polo Fórum Xoves da Asociación Galega da Empresa Familiar.
Estrella Galicia pertence á Corporación Hijos de Rivera, empresa familiar con máis de 100 anos de vida. O grupo pon en valor a través do Museo Estrella Galicia (Mega) a historia desta compañía e os valores que a familia Rivera preservou ao longo dos anos. Na xuntanza os asistentes recibiron as explicacións dos anfitrións sobre as diferentes etapas da vida da compañía, da historia da cervexa en Galicia e as economías asociadas a súa produción.
Os empresarios galegos tamén participaron nun taller de tiraxe cunha maridaxe de queixos. No almorzo Rubén Cernadas, director xeral de Incoga, impartiu logo unha charla sobre a reforma da nave industrial que alberga a exposición Untold Stories, espazo expositivo do que a súa empresa é responsable, no porto de A Coruña.
Na visita participaron varios directivos e accionistas de Estrella Galicia como Alberto Viejo, director de Asuntos Corporativos de Hijos de Rivera; Rodrigo Burgos, director do Mega; Fernando Hernández Rivera, conselleiro da empresa; Rebeca Gómez e Ramón Blanco-Rajoy, membros da quinta xeración da empresa familiar Hijos de Rivera; e María José Ojea, da cuarta xeración da familia empresaria.