A familia Calvo, con Luis Calvo á cabeza, acompañado da súa muller.

Grupo Calvo: do almacén de coloniais á quinta conserveira mundial VI Premio Familia Empresaria de Galicia

23.11.2011

A familia Calvo-Pumpido, propietaria do Grupo Calvo, recibiu o VI Premio Familia Empresaria de Galicia, na persoa do seu fundador, Luis Calvo. O galardón recoñece a traxectoria dunha empresa con gran arraigo no seu lugar de orixe e a súa contribución ao desenvolvemento do tecido produtivo de Galicia.

O Grupo Calvo foi nos seus inicios un almacén de coloniais en Carballo. Hoxe é a quinta conserveira mundial e integra un complexo empresarial innovador e internacionalizado, que soubo xestionar a súa sucesión no ámbito familiar. Actualmente Calvo emprega a 3.100 persoas, ten catro plantas en Carballo, Esteiro, El Salvador e Brasil e posúe 10 buques de pesca.