03 Abr Grupo Revi conecta as aulas do IES Xesús Taboada Chivite coa realidade industrial e a empresa familiar
03 de abril de 2025.– Un centenar de alumnos de ESO e Bacharelato do IES Xesús Taboada Chivite, de Verín (Ourense), participaron no programa “Empresa familiar nas aulas” de AGEF e Afundación, xunto coa compañía familiar ourensá Grupo Revi, con sede en Quintela de Canedo, centrada na fabricación de condutores eléctricos de baixa tensión, condutores de cobres espido e tubaxes.
O conselleiro delegado de Grupo Revi, Julio Iglesias, desprazouse ao instituto de Verín a mediados de febreiro para impartir unha charla sobre os valores e a vinculación da empresa familiar coa riqueza e desenvolvemento da contorna e a comarca.
O alumnado tivo á súa vez a oportunidade de descubrir a traxectoria e actividade do Grupo Revi no proceso completo da produción do cable, dende o trefilado inicial do cobre ata os rigorosos controis de calidade, abarcando o cableado, a extrusión e o bobinado, durante unha visita realizada ás instalaciós o pasado 14 de marzo.
Grupo Revi, fundada en 1960, conta con seis plantas industriais, tres de elas en Ourense e tres en A Laracha (A Coruña), Martorell (Barcelona) e La Carolina (Jaén), ademáis de dispoñer de centros loxísticos y delegacións en Madrid, Barcelona, Biscaia e Valencia.
Pé de foto: Charla sobre a realidade industrial no IES Xesús Taboada Chivite