José María Rivera e o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.

Hijos de Rivera: a cervexa feita historia I Premio Familia Empresaria de Galicia

27.11.2006

Cando volveu á Coruña desde México, a principios do s. XX, Jose Mª Rivera Corral fundou a fábrica “La Estrella de Galicia” dedicada á fabricación de cervexas e xeo. O negocio familiar avanzou nas primeiras décadas do século XX: na mesma medida na que o produto popularizouse, a profesionalización e mecanización do proceso converteu a “Estrella de Galicia” nunha marca de referencia no sector alimentario.

A terceira xeración da familia, José María e Ramón Rivera, consolidan a marca na década dos 70, e xa nos 90 inician un proceso de expansión e diversificación cara unha carteira de máis de 100 produtos alimentarios, integrados hoxe baixo a marca de Hijos de Rivera. A cuarta xeración familiar preside actualmente unha corporación global de produtos e servizos alimentarios, incluidos a distribución e loxística e en plena expansión internacional.