31 Mai Irene Fernández: “As visitas teñen un impacto positivo nos alumnos”
31 de maio 2024.“As visitas ás empresas teñen un impacto positivo tanto nos alumnos como no persoal docente”, afirma Irene Fernández profesora de FP do IES Leliadoura (Ribeira), que destaca como estas experiencias permiten aos estudantes aplicar o aprendido en clase a situacións reais.
A iniciativa atópase dentro do programa Empresa familiar nas aulas da Asociación Galega da Empresa Familiar e Afundación ABANCA Obra Social.“Os alumnos adoitan participar activamente, expondo numerosas preguntas sobre as súas inquietudes, especialmente no que respecta a a súa inserción no mundo laboral tras finalizar os seus estudos. O feito de coñecer que temos empresas do nivel de Congalsa tan preto constitúe un aliciente para continuar formándose”, explica a docente. Fernández, quen acompañou aos alumnos de FP na súa visita ás instalacións de Congalsa o pasado mes de febreiro, ensina Administración e Dirección de Empresas e atopa sumamente interesante calquera iniciativa que achegue aos estudantes ao mundo empresarial.
A cuarta edición do programa reuniu a máis de 900 alumnos de toda Galicia. A experiencia inclúe charlas dos principais directivos, visitas dos colexios ás intalacións e talleres sobre economía circular.
Imaxe: Isabel Cañas, responsable de Relacións Externas de Congalsa, cos alumnos de FP do IES. FOTO: Punto GA | M.Riopa