18 Set Máis de 40 directivos de empresas familiares galegas visitan a planta de Profand en Vilagarcía de Arousa
18.09.2024. Un grupo de 40 directivos de empresas familiares galegas realizaron onte unha visita guiada á planta da multinacional de produtos do mar Profand, na localidade de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Esta iniciativa nace do compromiso da Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) por potenciar o relacionamiento entre as empresas asociadas, poñer en valor as súas particularidades e fomentar a aprendizaxe e coñecemento mutuo das súas distintas actividades e modelos de negocio. Desde a posta en marcha desta iniciativa, AGEF organizou visitas a máis dunha cincuentena de empresas familiares de Galicia.
A xornada comezou cun café de benvida e presentación da compañía Profand, por parte do seu presidente e CEO, Enrique García Chillón. Seguidamente, os directivos iniciaron a visita guiada, tras a previa colocación dos seus correspondentes Equipos de Protección Individual (EPI), e coñeceron de primeira man a profunda reforma aplicada nestas instalacións, dedicadas ao procesado de cefalópodos.
Profand realizou un investimento de 21 millóns de euros na planta de Vilagarcía dirixidos á ampliación da súa capacidade de produción que lle permita seguir crecendo. Para iso modificáronse espazos, adaptando a planta ás necesidades de novos formatos (conxelados, refrixerados, frescos e listos para consumir) e dotándoa de novas tecnoloxías.