14 Xul Nenos de cinco autonomías, no campamento júnior da Empresa Familiar
14.07.2023. 23 nenos e nenas de familias empresarias de Galicia, Cantabria, Extremadura, Castela-A Mancha e Castela e León participaron no Campamento Júnior de Empresa Familiar organizado polas asociacións territoriais de empresa familiar desas Comunidades Autónomas.
A experiencia permitiu ós rapaces convivir entre o 30 de xuño e o 9 de xullo en Navaluenga (Ávila), onde os nenos disfrutaron dunhas xornadas nas que compartiron vivencias e participaron en diferentes actividades de natureza, diversión emprendemento.
Os nenos tamén protagonizaron algunhas iniciativas de emprendemiento individual coas que debían imaxinar un proxecto novedoso no sector empresarial familiar.
A iniciativa incluía xogos de emprendemento, nos que los nenos se convertiron en empresarios e propuxeron ideas para invertir nas zonas ruraies cercanas. O último día de campamento participaron, xunto coas súas familias, nunha divertida subasta para obter financiación para os seus proxectos.
Como reforzo ó fomento do emprendemento, os nenos recibiron o 6 de xullo a visita do presidente do Grupo Tejedor Lázaro, Carlos Tejedor, e de Álvaro Herrero, director de proxectos de Industrias Jacinto Herrero, e compartiron unha animada charla coa que puideron coñecer a traxectoria e os valores da empresa familiar segoviana, convertida hoxe nunha multinacional líder no sector da nutrición, saúde e benestar animal a nivel nacional e internacional.
As actividades permitiron reforzar outros valores necesarios para o seu desenrolo personal, como son o esforzo, a nobreza, a constancia e o traballo en equipo.
As actividades do campamento júnior inclúiron ximcana, piragüismo, visitas culturais, talleres de manualidades, rutas de senderismo, e unha excursión á estación espacial INTA-NASA de Robledo de Chavela (Madrid).
Na imaxe, os nenos participantes no campamento.