Nogueira: “Unha empresa debe ter o seu corazón alí de onde es”

10.02.2023. III EDICIÓN EMPRESA FAMILIAR GALEGA NAS AULAS – GRUPO NOGAR

 

O responsable comercial de Nogar, Víctor Nogueira, explicou hoxe a 35 rapazas e rapaces de ESO e Bachelerato do Colexio SEI San Narciso a importancia do emprendemento para configurar o tecido económico dun país grazas á existencia das empresas familiares. “Eu son xa a terceira xeración de Nogar e no noso orgullo está dicir que somos de Marín. É básico ter o corazón dunha compañía alí de onde es”, sinlou o directivo da principal compañía galega de transporte de graneis e pasta de papel.

Nogueira, xunto co director xeral de Operacións, Antonio Abelleira, e a directora xeral de Servizos e de Recursos Humáns de Nogar, Nieves Pérez, amosaron aos estudiantes todo o proceso loxístico dos cereais dende que se embarcan en calquer país do mundo ata que chegan a Marín para ser almacenados e distribuidos nas máis importantes fábricas alimentarias de Galicia.

Nogueira explicou que, dende o nacemento de Nogar en 1942, ata actualidade, a compañía pasou de ser un pequeno transportista de madeira de Pontecesures a ser un dos maiores grupos loxísticos de España. Nogar emprega na actualidade a 300 profesionais en 4 países e factura 100 millóns de euros. A compañía con sede en Marín ten instalacións propias nos portos de Ribadeo, Ferrol, Cee, A Coruña, Vilagarcía, Marín, Vigo, Cartagena, Viana do Castelo (Portugal), Paranaguá (Brasil) y Pisco (Perú).

Aprendendo a emprender

Un total de 700 mozos e mozas da educación secundaria (ESO), bacharelato e formación profesional (FP) de 17 centros educativos de toda Galicia participan no programa Empresa Familiar nas aulas. A iniciativa está impulsada pola Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) e  Afundación, a Obra Social de ABANCA. Trátase da terceira edición do proxecto educativo que persigue fomentar o emprendemento e o acercamento dos rapaces galegos ás empresas da comunidade. En tres anos, o plan xa ten duplicado o número de estudantes e centros educativos que participan no seu desenvolvemento.

No programa deste ano participan os máximos responsables das empresas Lence, Cafés Candelas, Lodiel, Pérez Rumbao, Babé y Cía, Severiano Servicios Móviles, Congalsa, Altia, Aluminios Cortizo, Terras Gauda, Revi, Jealsa, Nogar, Aresa, Aceites Abril, Regueira e Galuresa. O proxecto inclúe visitas das rapazas e rapaces ás empresas e a participación no concurso Imaxina a túa Empresa.

O concurso escolar Imaxina a túa empresa permite ao alumnado enrolarse nun traballo de creación dunha nova empresa en Galicia de calquera sector ou actividade económica, no que deben incluír a idea, un breve plan de negocio e obxectivos da nova compañía. Nas anteriores edicións foron galardoados alumnos de 4º da ESO de San José Cluny (Santiago de Compostela) e o alumnado de 1º de bacharelato do centro Divina Pastora (Ourense) polas iniciativas de creación dunha empresa que xera enerxía a partir de facer exercicio na casa e de creación dun podcast sobre saúde mental para xerar espazos seguros para a mocidade, respectivamente.

Imaxe: Punto GA / M.Riopa