Novo convenio con Abanca e Afundación para impulsar o emprendemento

02.10.2023. A Asociación Galega de la Empresa Familiar, Abanca e Afundación renovaron hoxe o acordo de colaboración que manteñen co obxectivo de impulsar actividades que contribúan a divulgar a importancia da empresa familiar, así como o papel clave que desempeñan estas organizacións no fortalecemento do noso tecido empresarial e no fomento do espírito emprendedor.

O convenio asinado con Afundación garante a continuidade do programa educativo Empresa familiar nas aulas. Esta iniciativa, dirixida a estudantes e profesores galegos de 4º de ESO, Bacharelato e FP, contribúe a dar a coñecer entre este colectivo a relevancia da empresa familiar, os valores que caracterizan a estas organizacións, así como a promover vocacións emprendedoras e empresariais entre os estudantes.

“Quero agradecer a Abanca e Afundación o apoio á asociación e ás empresas familiares galegas que son, á fin e ao cabo, o tecido empresarial fundamental de Galicia”, sinalou o presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, José Bernardo Silveira.

O programa Empresa familiar nas aulas reforza o compromiso da Asociación Galega da Empresa Familiar co impulso do emprendemento en Galicia. A través do coñecemento académico relacionado coa empresa, a iniciativa busca espertar a vocación profesional e abrir horizontes laborais. Desde a súa posta en marcha, participaron 1.863 alumnos de primaria, secundaria e FP de 23 centros educativos galegos.

Na imaxe, José Bernardo Silveira (Agef), Francisco Botas (Abanca) e Miguel Ángel Escotet (Afundación).