Fonte: IV Barómetro da Empresa Familiar (setembro 2015).
29 Dec O 93% das empresas da Asociación teñen presenza internacional
O 93% das firmas pertencentes á Asociación Galega da Empresa Familiar están internacionalizadas, na maioría dos casos con implantacións propias noutros países. O dato global de internacionalización das empresas familiares españolas é do 66%, segundo cifras do IV Barómetro da Empresa Familiar elaborado polo Instituto de Empresa Familiar en setembro de 2015. O estudio realizado por KPMG indica que nos últimos doce meses o 69% das empresas familiares españolas teñen incrementado a súa actividade no estranxeiro.