O Fórum reflexiona sobre liderado e cambio xeracional en Cartaxena

28 de abril 2024. A Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) participou no XX Encontro Nacional do Fórum Familiar en Cartaxena, os días 26, 27 e 28 de abril. Máis de 270 mozos, representantes de familias empresarias de toda España, reuníronse esta fin de semana para debater sobre liderado, superación e cambio xeracional. A edición deste ano desenvolveuse baixo o lema A forza das persoas, destacando a importancia do capital humano nas empresas familiares.

As xornadas comezaron cun discurso de benvida a cargo de José Luis Blanco, director xeral executivo de Instituto da Empresa Familiar (IEF), seguido de mesas de debate sobre liderado e equipos, superación e actitude positiva, dialogo empresarial e tecnoloxía ao servizo das persoas.

Ademais de participar nas sesións de debate, os asistentes tiveron a oportunidade de visitar as instalacións da empresa de alimentación El Pozo e colaborar nunha actividade de voluntariado, consistente na recollida de residuos no Parque Rexional de Calblanque.

O Fórum Familiar do IEF consolídase como un espazo de encontro, reflexión e dialogo para as futuras xeracións de accionistas, conselleiros e executivos das empresas familiares. O encontro, organizado polo Instituto da Empresa Familiar e a Asociación Murciana da Empresa Familiar, contou coa presenza dunha delegación empresarial galega, na que se inclúen o presidente do Fórum Xoves de Agef, Antón Fonseca e a directora xeral da asociación, Margarita Hermo.

Na imaxe, novos membros das empresas familiares durante o XX Encontro Nacional do Fórum Familiar en Cartaxena. FOTO: CEDIDA