01 Dec As empresas familiares distinguen á familia Prada, de Tranvías de A Coruña XII premio Familia Empresaria de Galicia
1.12.2017
A Asociación Galega da Empresa Familiar celebra o día 12 de decembro o acto de entrega do XII premio Familia Empresaria de Galicia outorgado este ano á familia Prada, da Compañía de Tranvías de A Coruña.
A empresa de transportes da familia Prada suma máis de cen anos de actividade que hoxe se caracteriza por ofrecer un servizo público, ambientalmente sostible e accesible na cidade. Na actualidade conta cunha frota de 93 autobuses para o servizo de transporte urbano na cidade.
A xornada comezará con dúas conferencias, sobre o liderado de España en crecemento na zona Euro, a cargo de Concepción Sanz Gómez, responsable do servizo de estudos do Banco Santander; e, a segunda, sobre a Organización Nacional de Transplantes a cargo do director da entidade, Rafael Matesanz.
O acto remata co almorzo oficial e o acto de entrega do premio, que contará coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente das empresas familiares galegas, Víctor Nogueira, ademais de representantes da entidade patrocinadora e a xunta directiva da Asociación Galega das Empresas Familiares.
O premio Familia Empresaria de Galicia, creado en 2006, recoñece a contribución das sagas familiares galegas ao desenvolvemento do tecido produtivo do país.
Galardóns Familia Empresaria
2006 | Familia Rivera – Hijos de Rivera
2007 | Familia Tojeiro – Grupo Gadisa
2008 | Familia De Cora – Grupo El Progreso
2009 | Familia Alonso Escurís – Grupo Jealsa-Rianxeira
2010 | Familia Castro Rodríguez – Grupo Pórtico
2011 | Familia Calvo-Pumpido – Grupo Calvo
2012 | Familia Silveira Cañizares – Grupo A Nosa Terra
2013 |Familia Franqueira – Grupo Coren
2014 | Familia Fernández Paradela – Grupo Subel
2015 | Familia Froiz – Grupo Froiz
2016 | Familia Babé – Babé e Cía.