O presidente de Altia participa nos encontros #EmpresaFamiliarComparte

29 de maio de 2020. O presidente do grupo Altia, Constantino Fernández, participará o vindeiro venres 5 de xuño nos encontros online #EmpresaFamiliarComparte nun coloquio baixo o título A empresa familiar: reactivando a economía española xunto con Mónica Duart, conselleira delegada de Dormitienda, e Enrique Fernández-Delgado, director xeral de Urdecon.

Altia, empresa familiar da Coruña fundada en 1994, é unha compañía dixital de servizos de consultoría, desenvolvemento e mantemento de solucións e servizos avanzados de tecnoloxía que opera en máis dunha vintena de localizacións en sete países, cun capital humano de máis de 2.000 profesionais e que na súa traxectoria vén de dar servizo a máis de 800 clientes. Cuns ingresos de 115,7 millóns de euros, desde 2010 cotiza no Mercado Alternativo Bursátil e forma parte do IBEX MAB All Share.

Os encontros semanais #EmpresaFamiliarComparte, organizados polas dezaoito asociacións territoriais da empresa familiar en España, son un espazo para compartir coñecemento e poñer en valor o peso da empresa familiar no noso país.