Obxectivos e desafíos

Os nosos obxectivos

Dar a coñecer a importancia da empresa familiar como fonte de riqueza e emprego

Destacar a función económica e social do empresario familiar na sociedade moderna

Axudar ás empresas familiares a xestionar os seus desafíos

As empresas familiares forman a maioría numérica do tecido produtivo de calquera economía avanzada

69 das 100 maiores compañías con sede en Galicia son empresas familiares

Desafíos da empresa familiar

O relevo xeracional

O empresario familiar desexa transmitir a súa empresa á xeración seguinte e, sen embargo, só unha pequena parte das empresas familiares consegue manter o carácter familiar por máis dunha xeración.
34

% das empresas familiares
alcanza a 2ª xeración

9

só o 9% alcanza
a 3ª xeración

  • Internos

    • Planificar a sucesión
    • Incorporar directivos non familiares
    • OBTER RECURSOS E ALIANZAS: Conseguir recursos financeiros externos ou establecer alianzas con outras empresas sen perder o control efectivo da empresa

  • Externos

    • FISCALIDADE: O sistema impositivo é claramente desfavorable para a empresa familiar, especialmente o Imposto sobre o Patrimonio e o Imposto sobre Sucesións e Doazóns, porque impide a súa capitalización sólida e rápida.
    • SOCIAL: A opinión pública non sempre percibe a conveniencia social e económica de preservar o carácter familiar da empresa.