12 Mai Oito proxectos de escolares optan ao premio `Imaxina a túa empresa´
12.05.2023. Un total de oito proxectos escolares nos que participan 34 alumnas e alumnos de secundaria e bacharelato optan ao premio do concurso Imaxina a túa empresa. Os proxectos empresariais elaborados polos rapaces forma parte do programa Empresa Familiar nas Aulas, no que participaron este curso 800 alumnos de 17 institutos e colexios galegos e 17 líderes empresariais da Asociación Galega da Empresa Familiar.
O premio será outorgado por Afundación, Obra Social ABANCA, e pola Asociación Galega da Empresa Familiar nun acto que se celebrará o vindeiro martes ás 11.00 horas no Centro Obra Social ABANCA na praza de Cervantes en Santiago de Compostela. O xurado seleccionará dous dos proxectos empresariais presentados polos dous centros escolares galegos participantes. Os traballos foron elaborados polas rapazas e rapaces, en grupos titorizados polos seus docentes, como parte final da terceira edición do programa Empresa familiar nas aulas.
Unha escola de equitación, una libraría de segunda man, unha fábrica de caramelos, a produción de coches híbridos, distintos establecementos de hostalería, ou a reciclaxe de materiais son algunhas das ideas propostas polos estudantes cando se lles retou a planificar a súa empresa. Todas as iniciativas teñen en conta os valores medioambientais e de creación e mantemento do emprego, principios que defende a Asociación Galega da Empresa Familiar. Actualmente, o 92,4% do tecido empresarial galego está integrado por empresas familiares.
Empresarios nas aulas
O proxecto Empresa familiar nas aulas contou con clases e visitas guiadas a empresas, nas que participaron os empresarios Víctor Nogueira Barrón (Grupo Nogar), Carlota López Pardo (Aresa); Eugenio Rossignoli (Grupo Servicio Móvil); Yago González-Babé (Babé y Cía); Julio Simarro (Congalsa); Emilio Lostalé (Lodiel); Ramón Seijas (Grupo Pérez Rumbao); Julio Iglesias (Revi); Jesús Manuel Alonso (Jealsa); Ramón Alonso (Cafés Candelas); Elena Pérez (Aceites Abril); Alberto Freire (Aluminios Cortizo); Carmen Lence (Grupo Lence); Adolfo Román (Altia); Dolores Martínez (Galuresa); Ramón Regueira (Grupo Regueira) e Antón Fonseca (Terras Gauda).
Empresa Familiar nas aulas ten como principal obxectivo fomentar o emprendemento entre os estudiantes galegos. A Asociación Galega da Empresa Familiar está formada polas 60 principais empresas de propiedade familiar de Galicia, que facturan 11.000 millóns de euros y empregan a 55.000 persoas. Afundación, Obra Social ABANCA, busca o desenvolvemento integral da sociedade galega, e ten a educación como un dos seus eixos principais de traballo.
Na imaxe: Visita de alumnos do IES As Pontes ás instalaciones de Servicio Móvil. Punto GA / M. Riopa