Panadería Iglesias mostra a alumnos de Cangas o seu legado familiar na elaboración de produtos de panadería e pastelería

27 de marzo de 2025.– Unha trintena de estudantes de ESO do IES Rodeira, de Cangas (Pontevedra), participou, xunto á empresa Panadería Iglesias no programa educativo “Empresa familiar nas aulas” que organiza AGEF en colaboración con Afundación.

A finais do pasado mes de xaneiro, o administrador de Panadería Iglesias, Emilio Lostalé, impartiu unha charla no centro educativo de Cangas para achegar ás aulas a realidade das empresas familiares e os seus valores. O empresario explicou ademais ao alumnado a traxectoria da compañía de produtos de panadería e pastelería, desde a súa fundación hai 50 anos por Rogelio Iglesias Espiñeira na Ría de Aldán.

O alumnado tivo a oportunidade de realizar unha visita guiada polas instalacións de Panadería Iglesias para coñecer a súa forma de facer pan que conxuga a elaboración artesanal coas novas tecnoloxías. A súa planta de produción de pan, pastelería e produtos derivados da fariña sitúase á vangarda, grazas ao seu almacén de fariñas e obradoiro climatizados, ao seu control de temperaturas e humidades relativas en fermentación, corte automático, control de temperaturas en precocción e conxelación.

En mans da quinta xeración familiar, a empresa conta cunha decena de panaderías-pastelerías propias coa súa insignia “Iglesias” en Aldán, Cangas, Moaña e Vigo, ás que se une a tenda en liña (Migalla.com), desde a que distribúe os seus produtos artesanais galegos a todos os recunchos da Península Ibérica.

Pé de foto: Instantánea da visita ás instalacións de Panadería Iglesias