Ramón Alonso adentra aos mozos de Lugo no mundo do café

01.02.2023. III EDICIÓN EMPRESA FAMILIAR GALEGA NAS AULAS – CAFÉ CANDELAS

 

Ramón Alonso, xerente de Candelas, é un dos 18 directivos que entran durante este inverno nas aulas de escolas e institutos de toda Galicia. O obxectivo é achegar as súas propostas empresariais e os valores das empresas familiares aos mozos e mozas galegas. A iniciativa enmarcase no programa Empresa Familiar nas Aulas, organizado pola Asociación Galega de Empresas Familiares e Afundación.

O directivo charlou o pasado 23 de xaneiro con 25 estudantes de 4o de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do Colexio Maristas de Lugo. Alonso explicou aos estudantes o proceso productivo que leva 5.000 toneladas de café de Colombia, Costa Rica, Uganda ou Brasil a converterse nas 800 millóns de tazas de café Candelas que se venden no mundo cada ano. Café Candelas é a primeira marca de café española na hostalería. A empresa conta con a día de hoxe con máis de 300 profesionais. Café Candelas foi fundada en 1973 por Ramón e Manuel Alonso tras a súa volta da emigración en Guinea Ecuatorial, onde aprenderon as técnicas de tostado do café.

Ramón Alonso, o actual xerente da compañía xunto co seu primo Enrique, representan á segunda xeración que traballa na empresa familiar.

Imaxe: Punto GA / M.Riopa