13 Xul Santiago acollerá o Fórum Nacional da Empresa Familiar en 2022
13 de xullo de 2021. Santiago de Compostela será a sede do Fórum Nacional da Empresa Familiar o próximo ano. Do 1 ao 3 de abril de 2022, a capital galega acollerá o encontro estatal de xoves empresarios de empresas familiares de toda España, que non puido celebrarse en 2021 debido á pandemia.
A Asociación Galega da Empresa Familiar será anfitrioa do maior encontro das novas xeracións de conselleiros, executivos e accionistas das compañías familiares españolas, organizado con carácter anual polo Instituto de Empresa Familiar.
O encontro incluirá visitas e intervencións formativas de empresas familiares galegas e os seus empresarios, co obxectivo de crear un espazo de actividades arredor da empresa familiar, expandir o coñecemento dos xoves empresarios sobre os retos da xestión ou a transición xeracional, fomentar a implicación dos membros da familia na empresa ou compartir os valores das compañías de propiedade familiar.