25 Mar Santiago, sede do 18º Encontro Nacional do Fórum Familiar
25.03.2022. A capital galega acollerá do 1 ao 3 de abril o 18º Encontro Nacional do Fórum Familiar organizado con carácter anual polo Instituto de Empresa Familiar, no cal, a Asociación Galega da Empresa Familiar será a anfitrioa.
Na xuntanza atoparanse as novas xeracións de conselleiros, executivos e accionistas das compañías familiares españolas que non puideron reunirse no 2021 debido a pandemia. Trátase dun espazo para o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias empresariais e persoais entre os futuros líderes das compañías.
O encontro incluirá visitas e intervencións formativas de empresas familiares galegas e os seus empresarios, co obxectivo de crear un espazo de actividades arredor da empresa familiar, expandir o coñecemento dos xoves empresarios sobre os retos da xestión ou a transición xeracional, fomentar a implicación dos membros da familia na empresa ou compartir os valores das compañías de propiedade familiar.