22 Dec Teresa Alarcos: “As mulleres somos donas dos nosos emprendementos”
22 de decembro de 2021. A empresaria, conselleira independente e emprendedora Teresa Alarcos puxo clausurou as actividades deste anno do Club de Conselleiras da Asociación Galega da Empresa Familiar presentando o seu primeiro libro, Emprendedoras, las líderes que cambian el mundo en la era digital, onde anima as mulleres a emprender con exemplos reais de todo o mundo. “As mulleres somos donas dos nosos emprendementos e temos que achegarnos sen meedo ás tecnoloxías emerxentes, como a intelixencia artificial ou o machine learning, que non son máis que ferramentas para conseguir o que queremos”, sinalou a empresaria e conselleira independente, que conta con 20 annos de experiencia como executiva de grandes multinacionais.
Alarcos decidiu escribir o libro ao iniciarse a pandemia, xa que comprobou que “non podía durmir ben” e “necesitaba ter actividade”. “Penseei: ‘teño amigas por todo o mundo que teñen proxectos disruptivos e teño que dalas a coñecer’. Comecei a chamalas polas noites e púxenme a escribir, contando as súas historias e que relación teñen co mundo que estamos a vivir”, explicou a empresaria. Facendo fincapé nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas, na axenda 2030 e os criterios ESG, puxo en valor a loita pola igualdade de xénero e o papel das mulleres na empresa e o emprendemento. “Somos a metade da poboación e, historicamente, cando se produciu algún conflito, as mulleres deixaron outras funcións para poderse meter no tecido produtivo, con polivalencia e capacidade de traballo”, destacou Teresa Alarcos.
A empresaria, que tamén é presidenta-fundadora da plataforma Wstartup Community para inspirar as mulleres dende o emprendemento, amosou a súa preocupación ao afirmar que as mulleres son “máis vulnerables e susceptibles” de que os seus postos de traballo “sexan automatizados”. Por ese motivo, instounas a “quitarse os medos” e “lanzarse a emprender ou interemprender” utilizando as tecnoloxías emerxentes. “Temos que pensar nas partes onde creamos valor, como o sentido crítico, crear cousas novas ou a creatividade, a nosa dinámica de dar, a xenerosidade, que é o que pide a sociedade agora. E temos que achegarnos sen medo a estas tecnoloxías para buscar usos: non fai falta que sexamos o programador máis avanzado do mundo, xa buscaremos alguén que nos axude”, indicoou a conselleira.
“Dende as startups axúdase a que os ODS se aceleren, dende a loita contra a fame, a automatización ou a sustentabilidade, con estas tecnoloxías. As mulleres imos progresando nesta sociedade e, se non formamos parte dende o inicio desta definición tecnolóxica, imos quedar nun algoritmo que non entenda as nosas necesidades”, advertiu Alarcos, quen remarcou que só o 5% das startups do mundo están lideradas exclusivamente por mulleres. Malia iso, remarcou que o seu libro conta cun “espírito positivo”. “Hai unha primeira xeración igualdade, como di Nacións Unidas, que está plena de dereitos, e temos que inspirala para que continúe formando parte e deseñando esta sociedade dixital, porque nos atopamos con que cada vez hai menos enxeñeiras e enxeñeiros”, concluíu a convidada á última sesión do Club de Conselleiras.
Teresa Alarcos foi introducida pola conselleira delegada de Grupo Río, Carmen Lence, quen destacou que a inversión en proxectos liderados por mulleres no mundo acadou a súa marca histórica este anno: 59.000 millóns de dólares, un 146% máis que en 2020.