19 Set Terras Gauda mostra os seus avances en I+D+i Empresas familiares de Galicia visitaron as bodegas do Rosal
19 de setembro de 2019. A Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) visitou hoxe as bodegas de Terras Gauda no Rosal (Pontevedra), onde os directivos membros das empresas asociadas puideron coñecer mellor a historia desta compañía familiar e os seus avances en I+D+i da man do seu presidente, José María Fonseca, o seu vicepresidente, Antón Fonseca, e a súa conselleira, Carmen Fonseca.
O presidente de Agef, Víctor Nogueira, salientou a aposta de Terras Gauda pola investigación e o desenvolvemento e o seu compromiso coa sostibilidade e o medio ambiente, ademais de describila como unha compañía de referencia no sector vitivinícola en Galicia e na Denominación de Orixe Rías Baixas.
Terras Gauda mostrou os seus novos plans de investigación y sostibilidade, que se levarán a cabo a partires de 2020, cunha serie de colaboracións para restaurar a biodiversidade do solo e atopar alternativas aos produtos fitosanitarios.
Con 30 anos de historia, Terras Gauda é unha empresa familiar que desenvolve, produce e comercializa uns dos viños galegos de maior prestixio da denominación de orixe Rías Baixas. A compañía dispón de 160 hectáreas de viñedo e unha produción de 1,5 millóns de botellas.